A web do mes: ocu.org

ocu.org

Non é a primeira vez que en Xente Dixital recurrimos á web da OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) para informarnos sobre algún tema de interese relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación. A OCU é unha asociación privada independente e sen ánimo de lucro que se financia coas cuotas dos seus máis de 300.000 socios.

Que nos ofrece? Os socios da OCU desfrutan de servizos de asesoría xurídica para reclamar a vulneración de dereitos por parte dunha empresa, de mediación para buscar solucións rápidas a conflitos entre empresas e consumidores, de asesoría fiscal e asesoría de créditos e banca. Ademais hai un equipo de expertos que aconsellan aos socios da OCU sobre saúde e benestar.

Por último, o servizo compras maestras permítenos chamar á OCU para que nos aconsellen sobre a compra do produto ou servizo que nos interesa.

buscador ocuEn canto á web, podemos acceder a multitude de informes, artigos, análises, etc., sobre alimentación, coches, diñeiro, electrodomésticos, saúde, tecnoloxía, consumo e familia e vivenda e enerxía. Se entramos, por exemplo, na sección tecnoloxía, podemos informarnos sobre como manexar datos bancarios na rede ou acceder a comparativas de teléfonos móbiles.

Na sección comparar produtos podemos comparar distintas ofertas de televisións, lavadoras, lavalouzas, bombillas, etc. antes de tomar a decisión de compra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.