Esta semana estamos a falar sobre videovixilancia e ocorréusenos buscar e descargar algunhas apps para videovixiar a casa ou o negocio dende o móbil ou a tablet.
ICAMSPY
É a aplicación de videovixilancia que conta con máis descargas na Google Play. Conecta o dispositivo móbil Android a calquera ordenador con cámara web e micro para ver e escoitar que pasa na casa ou na oficina. Funciona vía Wifi, 2G, 3G ou 4G dende calquera parte do mundo. Envíanos alertas cando detecta movemento e correos con fotos da estancia.
WardenCam
Aplicación de seguridade que convirte un dispositivo Android nunha cámara de vixilancia. Cando cambiedes de móbil non o tiredes: pode funcionar como cámara á que podedes conectarvos dende o novo smartphone. Chega con rexistrarse coa información da vosa conta de gmail e con vincular a app á conta de dropbox. Entre outras cousas, detecta e alértanos de calquera movemento na habitación que estamos a gravar.
Presence
Aplicación para iOS que convirte un iPhone ou un iPad nunha cámara remota gratuíta para monitorizar a casa ou a oficina dende calquera lugar do mundo. Funciona igual que WardenCam; podedes, por exemplo, deixar o iPad vixiando a oficina, se hai calquera movemento chegaravos unha alerta ao móbil.




