O dispositivo do mes | Yota2, un móbil con dúas pantallas

Para o dispositivo do mes puxémonos a buscar entre os presentados no Mobile World Congress 2014, celebrado en Barcelona. Por enriba de todos, chamounos a atención o Yota 2, un smartphone de dúas pantallas. Unha delas “normal”, como a de calquera smartphone, pensada para ver vídeos e fotos; a outra con tinta electrónica, ideada para ler, recibir notificacións…, e aforrar batería.

Din que está sempre acendido; a pantalla de papel electrónico sempre está acendida para ler ou recibir notificacións (correo electrónico, redes sociais, etc.), sen a necesidade de activar o teléfono. E non é necesario apagala; incluso sen batería, a información máis recente desta pantalla manterase visible.

Lembrades cando comparabamos ebook e tablet? Yota 2 permite unha experiencia de lectura cómoda: teléfono intelixente e ebook nun só dispositivo. Ademais é imposible esquecerse de nada porque na pantalla de papel electrónico aparecerán tamén mensaxes, recordatorios marcados na axenda, información meteorolóxica… Todo o que nós seleccionemos.

yota2

Se lle damos a volta ao teléfono atoparémonos unha pantalla un pouquiño máis grande, de 5 pulgadas (a de lectura é de 4,7), e aplicacións interesantes como Sportscaster, de información deportiva, e Fitness Tracker, para monitorizar a actividade física.

O dispositivo xa está á venda en España pero non vos precipitedes; entre outras cousas, pode que vos atopedes cunha velocidade de resposta ás ordes que lle dades ao teléfono, menor á que estades acostumados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.