Contidos dixitais para máis de 20.000 alumnos

ebook

No próximo curso 2014/2015 a Xunta porá en marcha unha plataforma de contidos curriculares dixitais completos, gratuítos para as familias e accesibles sen necesidade de conexión á rede. O obxectivo é alcanzar en 3 anos a 22.500 alumnos de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO.

Os alumnos poderán acceder de xeito online e offline aos contidos facilitados pola Xunta e aos elaborados polos propios docentes dos centros educativos. Ademais, a nova ferramenta facilitará o acceso aos contidos de pago de empresas editoras grazas á conexión co Punto Neutro do Ministerio de Educación.

No procedemento de selección de centros poderán participar os centros educativos adscritos a Abalar que impartan no curso 2014/2015 5º de primaria e que cumpran, entre outros, con requerimentos como presentar un proxecto para a implantación do libro dixital ou propoñer unha persoa coordinadora do proxecto.

Unha pequena parte de Abalar

A plataforma forma parte do Proxecto Abalar do que xa vos falamos en máis dunha ocasión. Nacía no 2011 co obxectivo de mellorar a calidade do sistema educativo gracias á integración das TIC.

Neste curso Abalar está operativo en 2.296 aulas de 531 centros e beneficia a 50.000 alumnos de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.