3 exemplos de actividades do CDTIC

Actividades_CDTIC

Onte falabámosvos das actividades da Rede CeMIT. Pero tamén podedes tirar proveito das que se realizan no Centro Demostrador TIC de Santiago. Poñemos 3 exemplos para que vos animedes a buscar no calendario a actividade que máis vos interese.

Mapa de solucións en produtividade e organización para traballadores do coñecemento

O seminario terá lugar o 6 de maio no CDTIC, e está destinado a responsables de pemes, de organismos de xestión pública ou a traballadores do coñecemento (consultorías, asesorías, despachos de avogados, axencias de publicidade, etc.). O obxectivo é ofrecer metodoloxías, prácticas e ferramentas coas que incrementar a produtividade e a organización de equipos de traballo.

O valor real da opinión do cliente, “O único número a facer crecer”

Para empresarios, directores xerais, xerentes, etc. As empresas e os autónomos adquirirán os coñecementos necesarios para manexar os sistemas que se empregan para obter o feedback dos clientes: Net Promoter Score (NPS), Opinat, etc. A actividade celebrarase o próximo 7 de maio.

Definición e planificación da estratexia das empresas TIC

Está destinado a responsables de empresas TIC. Explicarase o proceso da orientación estratéxica da empresa como mecanismo para o desenvolvemento da mesma e como instrumento para involucrar ao equipo de traballo. Celebrarase os días 8 e 9 de maio.

Ademais, hoxe celébrase un seminario de introdución ao marketing online e ao comercio electrónico para pemes, e a principios de xuño outro sobre a internacionalización das empresas TIC. Atentos á axenda porque seguro que atopades unha actividade que vos axude no voso traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.