A web do mes: amtega.xunta.es

Amtega_web

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar a súa web amtega.xunta.es. O novo portal é máis accesible e conta con novos contidos e funcionalidades.

Contidos

Podedes acceder aos contidos da Amtega por temas e colectivos. Diferéncianse 9 temas distintos: Administracións Públicas, Ensino e formación, Economía, Empresa e emprego, Sanidade e servizos sociais, Xustiza, Xuventude, cultura e ocio, Telecomunicacións, Mar e medio rural, e Territorio, vivenda e transporte.

Ademais a web diferencia 3 grandes colectivos: cidadáns, empresas e administracións públicas. Así podemos acceder aos datos e servizos relacionados co noso perfil a través dun único enlace.

Amtega Destaca! e Servizos TIC, son dous apartados creados para ofrecer un acceso sinxelo aos últimos documentos e temas de interese e ás últimas novidades relacionadas con aplicacións e servizos TIC.

“Por último”, tamén podedes consultar os últimos posts que publiquemos en Xente Dixital; as TIC para todos os sectores de poboación e explicadas cunha linguaxe sinxela.

Infografías e vídeos

Empregarase o recurso das infografías para explicar dunha maneira sinxela informes, datos e estatísticas e darase máis protagonismo aos contidos de vídeo. Buscades algunha información? O portal dispón dun buscador de noticias, eventos e documentos organizados por semanas.

Os números da web e das redes sociais

O portal da Amtega iniciou a súa actividade no 2009 co nome de iMIT. No 2013 a web recibiu máis de 143.000 visitas e hoxe conta con preto de 1.900 seguidores en Facebook e 2.300 en Twitter. Ademais a Amtega pronto disporá dun perfil en Linkedin para facilitar as relacións cos profesionais do sector TIC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.