Segundo os datos publicados recentemente por comScore, o pasado mes de febreiro houbo 29,8 millóns de usuarios que se conectaron á rede en España dende o seu ordenador ou dende os dispositivos móbiles. Esta semana contarémosvos que consumimos en Internet pero antes queremos debuxar o perfil do internauta en España.
No último informe do EGM publicado e do que xa vos falamos, chama a antención a evolución do perfil por sexo dos usuarios. En marzo de 2014 a porcentaxe de homes e mulleres que se conectan á rede é moi similar.
En canto á idade, sorprende comprobar que a maioría de usuarios atópase na franxa de idade entre os 25 e os 44 anos. Por outra banda hai que ter en conta que máis do 97% dos mozos de entre os 16 e os 24 son internautas. Por último, respecto á clase social, case a metade dos usuarios son de clase “media media”.
No blog hablandoencorto.com, María Lázaro crea a seguinte infografía do perfil do internauta español a partir dos datos recollidos no estudo “Sociedad de la Información en España 2013”, da Fundación Telefónica. Que porcentaxe de fogares ten conexión á rede? Dende que dispositivos móbiles nos conectamos? Cantos mercamos a través do noso smartphone?



