Marketing online para todos os públicos; tendencias e exemplos

foto infocux technologies

Foto Infocux Technologies

Ás veces falamos de marketing online, de inbound marketing ou de Big Data, dando por feito que todos coñecedes o seu significado, sen explicar de que falamos e como poden axudarvos no voso traballo. Esta semana volvemos escribir sobre marketing online e comercio electrónico; hoxe demostraremos que calquera de vós pode desenvolver unha estratexia de marketing online presentando e explicando algunhas tendencias.

Que tendes que facer para desenvolver unha estratexia de marketing online para o voso negocio? Seguramente teñades unha e non o saibades.

As redes sociais

Ninguén cuestiona que as redes sociais son unha ferramenta imprescindible para a comunicación de case calquera empresa. Pero é o momento de deixar de probar e de comunicar en base a unha estratexia (que quero contar e a quen) e marcándovos obxectivos.

Atención ao cliente en redes sociais

Cada vez son máis as empresas que empregan as redes sociais como canles de atención aos seus clientes. Implica invertir recursos nun traballo que “non é rendible” pero serve para resolver dúbidas, fidelizar clientes, detectar necesidades, etc.

A importancia dos contidos

Seguro que oístes falar do marketing de contidos. Non serve de nada ter páxina web nin unha páxina en Facebook se non compartimos contido de calidade na web, no blog e nas páxinas de redes sociais. A fórmula máxica é produtos e servizos + outro contido interesante para os vosos seguidores.

Unha cuestión de imaxe

Redes sociais como Instagram ou Pinterest teñen cada día máis seguidores. Cómpre combatir o exceso de información co que nos enfrontamos todos os días na rede coidando a imaxe da nosa empresa nas páxinas nas que esteamos presentes.

A revolución do vídeo

Estímase que máis do 80% do tráfico de internet no 2015 estará baseado en vídeos. A través de Vine, Instagram, Facebook…, gústanos crear e compartir vídeos dende calquera sitio co noso smartphone. As marcas están a darse conta de que tamén é unha ferramenta efectiva para chegar ao seu público potencial.

A multipantalla

A semana pasada botabamos un ollo ao mercado online e decatabámonos de que o 66% dos usuarios conectámonos á rede dende máis dun dispositivo. Non podemos crear contidos para os nosos seguidores sen pensar que é moi probable que o vexan nos seus dispositivos móbiles e non na pantalla dos seus ordenadores.

Fonte PuroMarketing.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.