Un caso de éxito de comercio electrónico: eltenedor.es

eltenedor

Todos podemos ter unha tenda en liña, xa vimos que non é tan complicado. Pero para obter un volume de ventas significativo cómpre ter un proxecto con capacidade para sorprender nun entorno como o de internet e traballar a comunicación online. Un exemplo? Hoxe recollemos un caso de éxito de comercio electrónico: eltenedor.es.

A páxina ofrece “máis de 6.000 restaurantes para reservar en calquera momento e coas mellores promocións. Con máis de 500.000 opinións fiables que che axudarán a atopar o restaurante perfecto”. Como funciona? Escolle un restaurante, benefíciate das promocións exclusivas da páxina e fai a túa reserva gratis.

A iniciativa arrancaba en setembro do ano pasado. Durante 11 días puxo a disposición dos barceloneses máis de 300 restaurantes con descontos de ata o 50%. En pouco máis dunha semana conseguiron máis de 60.000 reservas online, o que supón un aumento dun 75% no número de reservas habituais.

Cómpre destacar que o 40% das reservas feitas durante eses días fixéronse a través das apps móbiles.

En Galicia está dispoñible para Santiago. Podedes filtrar a busca por relevancia, promocións, opinións, distancia, popularidade, prezo, tipo de cociña e tipo de restaurante.

Fonte emagazine.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.