Que é o grafeno?

grafeno

Todos os meses a estas alturas adicamos un post a un dispositivo electrónico. Desta volta queremos falarvos do grafeno; aseguran que vai a revolucionar o futuro dos dispositivos tecnolóxicos pero, que é? Que dispositivos formarán parte do noso día a día dentro de 10 anos?

Que é?

300px-GraphenPara ser rigurosos temos que dicir que o grafeno xorde cando partículas moi pequenas de carbono se agrupan de forma moi densa en láminas de dúas dimensións moi finas e en celas hexagonais. Obtense a partir dunha sustancia moi abundante na natureza: o grafito. Sustancia que se emprega para fabricar lápices ou algún tipo de ladrillo, entre outros obxectos.

Coñécese dende principios do século XX pero foi no 2004 cando dous científicos rusos, Novoselov e Geim, conseguiron illalo a temperatura ambiente. O descubrimento fíxoos merecedores do Premio Nobel no ano 2010.

Utilidade

O grafeno podería servir para fabricar avións, satélites ou coches máis seguros, ou edificios máis resistentes. Pero, sobre todo, destacan as súas aplicacións no campo da electrónica. Pola súa capacidade para almacenar enerxía pódense conseguir baterías que duren máis e que se carguen en menos tempo ou establecer conexións máis rápidas.

No campo da telefonía móbil, por exemplo, trabállase en dispositivos sen formas nin cores prestablecidas, con pantallas flexilbles, pregables e táctiles. Hai estudos que indican que os circuítos de grafeno posibilitarían comunicacións máis rápidas e de maior calidade.

No minuto 1 do seguinte vídeo podedes asomarvos ao futuro dos dispositivos tecnolóxicos.

Fonte infografeno.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.