Guía práctica | Primeiros pasos en wordpress.org II

Wordpress_org_gal

Lembrades onde nos quedamos na última guía práctica? Xa rexistramos o dominio, contratamos o servidor e instalamos o cliente FTP no noso navegador. O seguinte paso é explicar, da maneira máis sinxela posible, como descargar e instalar wordpress.org.

Descargar wordpress.org

É o momento de visitar wordpress.org e descargar o arquivo que contén o sistema; veredes un botón azul que pon “Descargar WordPress 3.9.1”. Descargado o .zip tendes que extraer o contido e subilo á carpeta pública do servidor; buscade a carpeta “wordpress” e subídea ao servidor a través do cliente FTP.

No última guía práctica explicabamos como conectar blog e servidor a través dun acceso FTP. Facede a proba, non é difícil.

Instalar wordpress.org

Abre wp-admin/install.php no teu navegador. Isto vai conducirte durante o proceso de configuración do ficheiro wp-config.php cos detalles da conexión á base de datos. Unha vez que o ficheiro de instalación está listo, o instalador configurará as táboas que o blog necesita. O último paso é escoller nome de usuario e contrasinal.

Aínda que non entendades nada, asegúrovos que calquera pode instalar un blog en wordpress.org. Pode que non sexa á primeira pero conseguirédelo. WordPress describe este proceso como “a famosa instalación de 5 minutos”. Para calquera dúbida podedes consultar os foros de soporte.

Fonte wordpress.org.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.