As novas tecnoloxías están a transformar o modelo educativo. O Proxecto Abalar é un bo exemplo de iniciativa que busca aproveitar as novas tecnoloxías para a educación dos máis novos. Pero que facer cando chega o verán? Nesta época do ano multiplícase o tempo de ocio e cómpre coidar, máis que nunca, a relación entre nenos e novas tecnoloxías.
- Non hai dispositivos tecnolóxicos inadecuados para os nenos. O que temos que coidar é o uso que fan do móbil, da tablet, do ordenador ou da videoconsola. Convén marcar unhas pautas, que dispositivos deben usar e para que, e un tempo de uso.
- Os dispositivos tecnolóxicos tamén son para o tempo de ocio. Isto é unha obviedade pero non está de máis chamar a atención sobre o feito de que, ademais de para estudar, un neno pode e debe conectarse para conversar con amigos, xogar, escoitar música ou ler un libro.
- Os pais deben coñecer e saber manexar os dispositivos tecnolóxicos. É fundamental para guiar aos nenos no seu uso e para que se convirtan nunha ferramenta útil no proceso de aprendizaxe.
- Consello básico pero que ten que estar na lista: non todo o contido que hai na rede é apto para menores de idade. É responsabilidade dos pais estar atentos ao uso que fan os seus fillos de internet, filtrar os contidos que consumen.
- Usadas correctamente, as novas tecnoloxías son un gran instrumento de aprendizaxe. En Xente Dixital xa vos falamos dos videoxogos como ferramenta educativa, por exemplo. Anotamos para outro post, facer unha lista de páxinas web con contidos indicados para os máis pequenos.
- O uso de internet e das novas tecnoloxías conleva certos riscos. Convén guiar aos nenos no uso das novas tecnoloxías e estar informados sobre os problemas que xorden co avance e a integración das TIC na sociedade. O ciberbullying ou o grooming son palabras que ofrecen cada vez máis resultados nas buscas en google.
- Debemos evitar a dependencia das novas tecnoloxías; buscar actividades offline o suficientemente atractivas para evitar que só pensen no tempo que van a pasar co ordenador ou coa videoconsola.
Fonte: guíainfantil.com.


