Hoxe volvemos a compartir a información máis importante das guías prácticas de social media sobre tripadvisor e minube: redes sociais de viaxes e ferramentas útiles para decidir o lugar das nosas vacacións.
tripadvisor
En tripadvisor tendes acceso a información de hoteis, restaurantes e alugueres vacacionais de calquera lugar do mundo. Podedes facer buscas por lugar, tipo de establecemento e data, e ordear os resultados por valoración ou prezo. Ademais tripadvisor axúdanos na busca do voo a través das webs das compañías aéreas e das de venta de viaxes.
Os rankings tripadvisor de hoteis, praias e illas resultaranvos moi útiles. Como as opinións dos usuarios da rede social, ou as dos vosos amigos que conectaron Facebook e tripadvisor; podedes saber a onde viaxaron e que opinan dos sitios que visitaron.
minube
En minube podemos inspirarnos: recoller ideas de viaxes para unha fin de semana, buscar un plan relaxante ou ideas de viaxes para desfrutar con nenos. Podemos inspirarnos e podemos comparar; despois de planificar a viaxe minube ofrécenos a posibilidade de comparar prezos de voos e hoteis en máis de 45 webs.
O último paso é compartir. minube déixanos un espazo para o noso blog de viaxes, para compartir historias, fotos, vídeos, etc. Mentres compartimos axudamos a outros viaxeiros a tomar unha decisión sobre a súa próxima viaxe.



