Que Galicia é berce de bos produtos tecnolóxicos era algo ben sabido. O sector TIC leva anos dando que falar, e agora é possible ver toda a oferta tecnolóxica nun espazo que recolle as iniciativas de software libre da comunidade. A Amtega publicou o Catálogo de Produtos, Servizos e Provedores de Software Libre de Galicia (está dispoñible no portal Mancomún, ao que podedes acceder dende esta ligazón)
A importancia deste catálogo reside, precisamente, na súa pretensión por ser a ferramenta de consulta web de referencia do software libre galego. Que queres procurar un produto por categorías? Pois podes facelo. Que precisas máis información dalgún proveedor específico? Tamén terás acceso a esa información.
Este escaparate virtual do noso saber facer dixital está en liña, e convidámoste a que o descubras por ti mesmo, aínda que nos vindeiros días tamén che amosaremos algunhas pílulas informativas para que vexas o seu potencial.

