A aplicación do mes: Parques Naturais de Galicia

parquesnaturaisGalicia

Que mellor maneira de completar o verán que visitando algún dos parques naturais que temos en Galicia? Na Google Play ou na Apple Store podedes descargar a aplicación da Xunta Parques Naturais de Galicia.

É unha guía creada pola Xunta de Galicia sobre o Parque Nacional e os 6 parques naturais existentes na Comunidade.

A guía enumera e localiza os principais recursos ambientais e turísticos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, das Fragas do Eume, da Baixa Limia e a Serra do Xurés, do Monte Aloia, do Invernadeiro e da Serra de Enciña da Lastra.

A aplicación contén máis de 500 fichas con fotos e información sobre a paisaxe e o patrimonio natural e cultural:

  • Descrición xeral, grados de protección e formas de acceso. Información intersante, por exemplo, cando se necesita autorización administrativa para a visita ou cando a afluencia está regulada.
  • Información sobre a mellor maneira de facer a visita, clima, servizos, equipamento, etc.
  • Descrición do hábitat protexido e das especies de flora e fauna.
  • Indicacións sobre o patrimonio arquitectónico, histórico e etnográfico de cada zona.
  • Rutas de sendeirismo oficiais xeolocalizadas e con información sobre dificultade, distancia, percorrido, etc.

1 comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.