Faite dixit@l!

FaiteDixital

O próximo 22 de setembro, a Amtega, en colaboración con Academia Postal e Fundetec, pon en marcha a iniciativa Faite Dixit@l: 160 actividades gratuítas ata decembro para favorecer a empregabilidade, o emprendemento e a adquisición de novas competencias dixitais. Superaranse as 500 horas de formación.

O itinerario ofrece como actividades os seguintes bloques temáticos: configuración de dispositivos móbiles e programación de aplicacións, ferramentas web 2.0 para o desenvolvemento de contidos especializados no eido da Sociedade da Información e estratexias de marketing online orientadas ao comercio electrónico.

Cada actividade terá unha duración de entre 25 e 30 horas, repartidas en sesións diarias de 4 horas e difundidas a través do sistema de videoconferencia do que dispoñen as aulas CeMIT, e que contarán con edicións de mañá ou de tarde para favorecer a asistencia das persoas interesadas.

Xa podedes inscribirvos nas aulas da Rede CeMIT e a través da web, ou informarvos e resolver dúbidas nas páxinas de Facebook ou Twitter de Faite Dixit@l.

Ademais, ofrécense actividades complementarias como seminarios de expertos, presentacións creativas sobre experiencias no eido das TIC, presentación de casos de éxito ou seminarios de mentores dixitais. Tamén se convoca un concurso de aplicacións móbiles cuxo prazo se abre o próximo 6 de outubro.

Estas actividades, que ofertan máis de 2.000 prazas, realizaranse a través da rede de aulas CeMIT (98 centros en 92 concellos). Ademais contarase coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRS) e da Asociación de Redeiras de Galicia, que axudarán na difusión da iniciativa e na ampliación do alcance das actividades nas localidades sen aulas CeMIT.

Díptico de Faite Dixit@l.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.