Despois de darvos algunhas indicacións sobre como promocionar a vosa empresa en Facebook e Twitter, compartimos algúns consellos sobre como xestionar a comunicación do voso negocio en Google +.
O panel de control
Se xestionades habitualmente algunha páxina de Google +, nos últimos meses chamaríavos a atención a aparición de Google My Business (Google o meu negocio). Despois de seleccionar a páxina que queredes xestionar, nun mesmo sitio podedes actualizar a páxina de Google + con texto, fotos, ligazóns, vídeos ou eventos, consultar información de estatísticas (vistas, clics, seguidores novos,etc.) e reseñas (opinións dos usuarios), acceder aos datos de Google Analytics de visitas á web ou iniciar unha conversa a través de Google Hangout cos vosos seguidores.
Cómpre saber como evolucionan o número de visitas á páxina de Google + e á web, que contido resulta máis interesante para os usuarios ou coñecer a súa opinión sobre a empresa.
Por que actualizar Google +
É certo que a actividade e o nivel de interacción en Google + é menor que en Facebook ou Twitter. Pero convén publicar actualizacións con frecuencia e manter o perfil actualizado. Cando un usuario busque información sobre vós en Google é máis doado que se involucre coa vosa páxina se atopa publicacións actualizadas e un perfil completo.
Conecta Google + coa web
É a mellor maneira de levar tráfico á vosa páxina e de interactuar con clientes e seguidores. Sabes como vincular unha páxina de Google + e un sitio web? Por outra banda, agregar o pin de Google + á vosa web incrementa a cantidade de seguidores en Google + e contribúe a mellorar o posicionamento da empresa.
Consegue unha URL de Google + personalizada
Unha URL personalizada é un enderezo web curto e doado de lembrar que se vincula directamente á túa páxina; google.com/+nomedaempresa. En lugar de URL’s tipo https://plus.google.com/123123123423423… Sabedes como obter unha URL personalizada? Podedes empregala en correos electrónicos ou noutras ferramentas de marketing para axudar aos usuarios a chegar á vosa páxina.
Descubrindo Adwords
Seguro que pronto vos falamos en profundidade de Adwords, a plataforma publicitaria de Google. Pero hoxe queremos invitarvos a probar AdWords Express. A través de Google My Business ou visitando adwords.google.com/express podedes publicar os vosos primeiros anuncios en Google. Segmentade por ubicación e intereses e facede un seguemento do rendemento dos anuncios. Cando alguén preto de vós busque unha empresa como a vosa, o anuncio aparecerá nos resultados de busca xunto co teléfono, o enderezo comercial, etc.



Pingback: Descubrindo AdWords: AdWords Express ou AdWords? - Xente Dixital
Pingback: Guía práctica | AdWords Express: os anuncios de Google para negocios locais - Xente Dixital