O luns dabámosvos algúns consellos para conseguir un sitio web optimizado e sobre como escribir en internet para que a web da vosa empresa apareza ben posicionada nas páxinas dos resultados de busca. Do SEO pasamos ao SEM; coñecedes os anuncios de Google? Antes de compartir con vós algunhas guías prácticas útiles para anunciar a vosa empresa en Google, comparamos AdWords e AdWords Express; cal é a fórmula que máis vos convén para anunciarvos en Google?
AdWords Express
Na última guía práctica explicabamos como promocionar a vosa empresa en Google + e invitabámosvos a probar AdWords Express. É a opción máis rápida para anunciarse en Google pero están pensados para negocios locais. Só hai que escoller orzamento, tipo de empresa e frases de busca para activar o anuncio.
- Só se paga cando alguén fai clic no anuncio.
- Necesítase unha administración continuada mínima.
- Ofrece a posibiliade de anunciarse con anuncios de texto ou en Google Maps.
- Podedes chegar a clientes que se atopen nun radio de entre 25 e 65 km na contorna da vosa empresa.
AdWords
AdWords é unha opción que ofrece un control total sobre as campañas publicitarias. Tedes que escoller as palabras clave que van a activar os anuncios, orzamento diario (o que queredes invertir en cada clic) e o lugar no que poden aparecer os anuncios.
- Só se paga cando alguén fai clic no anuncio.
- Podedes escoller as palabras clave e establecer o precio das ofertas (escolledes que precio máximo pagades por cada clic).
- Chegades aos clientes nas ubicacións que escollades.
- Beneficiádevos de formatos de anuncio especiais.
Pronto compartiremos na sección de guías prácticas algunhas indicacións que vos van a axudar a anunciar o voso negocio na rede a través de AdWords Express e AdWords.

