Ata o 15 de de outubro podedes opinar no blog Axenda Dixital 2020 sobre como debe ser a relación entre tecnoloxía e educación, empresas e sectores primarios en Galicia. Durante o verán, no blog recolléronse as achegas aos dous primeiros desafíos: “Que farías en materia de accesibilidade dixital para que todas as persoas poidan facer uso dos servizos públicos dixitais?” e “A que servizos públicos che gustaría acceder a través de internet?”.
Promover a alfabetización e capacitación dixital e facilitar o acceso ás novas tecnoloxías, foron os temas máis destacados en materia de accesibilidade dixital. Se facedes clic aquí podedes ler todas as opinións publicadas. Entre elas, podemos ler que “boa parte dos esforzos deberían centrarse nos máis maiores, organizando cursos dirixidos a este público en concreto e prestando atención a todas as áreas xeográficas”. Tamén recollemos unha proposta dunha aula móbil para lugares sen aula de acceso gratuíto a internet.
A que servizos públicos vos gustaría acceder a través de internet? Os temas máis repetidos foron sanidade, administración electrónica, educación e mobilidade. Varios de vós coincidides na petición de poder acceder online a expediente e informes médicos. En canto á administración electrónica proponse, entre outras medidas, “un portal no que presentar os escritos que teñen que ser rexistrados en prazo oficialmente que sustituise aos rexistros administrativos actuais”.
Pero tamén hai propostas que afectan ao sector educativo ou suxerencias de actuacións no ámbito da mobilidade. Bótalle un ollo a todos os comentarios publicados. Algo que engadir?



