Facebook, Twitter, Google +, Linkedin, Youtube…, e Instagram. En Xente Dixital seguimos empeñados en que aproveitedes as redes sociais para chegar aos vosos clientes.
Que publicamos?
Instagram é unha boa ferramenta para dar a coñecer os produtos da empresa á vez que coidamos da imaxe da mesma. Empregade fotos e vídeos e non esquezades publicar contido orixinal nesta rede social para fidelizar aos vosos seguidores.
Os hashtags
Como en Facebook ou Twitter, os hashtags serven para filtrar as publicacións relacionadas cun tema en concreto. Ademais en Instagram son útiles para para promocionar un produto ou para a creación de concursos.
Instagram para publicar contido en Facebook e Twitter
Seguro que xa o facedes no voso Instagram persoal: publicar unha foto que tamén compartides noutras redes sociais. É unha maneira de compartir contido de calidade, fotos e vídeos, nas páxinas de redes sociais ou incluso no blog corporativo.
Concursos
Unha boa maneira de promocinar a marca e os seus produtos é facer un concurso de fotos en Instagram que xestionades a través dunha aplicación en Facebook. É máis sinxelo do que parece; instalades unha aplicación en Facebook que selecciona aos gañadores entre os usuarios que subiron unha foto a Instagram incluíndo o hashtag do concurso.
Instagram de empresa que non de produtos
Non se poden publicar só fotos de produtos: procesos de fabricación, empregados no seu día a día, etc. Este tipo de publicacións achegan a marca aos seus seguidores.



