Resintonizamos a TDT para a chegada da tecnoloxía 4G

televisiondigital

televisiondigital.gob.es

O pasado domingo 26 de outubro todos tivemos que resintonizar a televisión. Pode que algúns aínda non o fixerades e que non poidades ver algunhas canles. Sabedes o por que deste cambio?

O 26 de outubro foi a data escollida para o cambio de ubicación das canles de TDT debido ao proceso de liberación do Dividendo Dixital. Que é a liberación do Dividendo Dixital? É o proceso que consiste na reordenación dalgunhas canles de TDT para liberar as frecuencias da banda de 800 MHz co fin de que poida ser empregada por tecnoloxías móbiles LTE/4G.

Para recibir as canles de televisión nas novas frecuencias debemos sintonizalas co mando da televisión como facemos habitualmente. Existe unha guía de axuda para a sintonización en televisiondigital.es. Ademais, os edificios de tamaño medio ou grande deben realizar unha adaptación da súa antena colectiva. Para iso hai que chamar a un instalador rexistrado que faga a intervención. Os costes derivados das adaptacións están subvencionados por un Plan de Axudas do Goberno.

O proceso iníciase cun mandato europeo que especifica que o 1 de xaneiro de 2015 ten que estar dispoñible para a telefonía móbil 4G o Dividendo Dixital. Coa liberación do Dividendo Dixital foméntase ademais a expansión da alta definición na TDT.

televisiondigital2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.