Qué sucede cando xuntas o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, a Amtega e a Consellería de educación? Que xurden proxectos tan interesantes como “Navega con Rumbo”.
“Navega con Rumbo polo Ciberespazo” é unha iniciativa que trata de potenciar o uso da Internet minimizando os riscos potenciais da rede, que tamén os ten. Partimos da base de que algo de Internet coñeces (claro, estás a ler esta noticia, non si?) pero… é sempre a túa navegación segura?
Tes nenos que navegan por internet? Pois entón este proxecto interésache, porque a rede de redes tamén posúe unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser.
Por que é interesante o proxecto?
- Polas visitas formativas: executáronse máis de 200 accións en colexios das catro provincias para dar a coñecer o programa.
- Porque contén un glosario para estar ao día Para non perderte no vocabulario das novas tecnoloxías que emprega hoxe en día a xuventude.
- Polas guías personalizadas para nais e pais, para nenos e para os profesores; onde ese explican unha serie de recomendacións e consellos necesarios para unha navegación segura, moi aconsellables para os tres tipos de públicos ben diferenciados.
Mesmo temos algún vídeo para que poidas ver de que vai este programa.
Vídeo “Navega Con Rumbo polo Ciberespazo”
Coñecías o programa? Queres que en vindeiras edicións se acerquen ao teu centro de ensinanza máis próximo?
Amplía información:
- Web do programa “Navega con Rumbo“

