Lembrades que son os serious games? Chega unha nova edición do Fun & Serious Game Festival

5-Gent_FunAndSerious72ppp-710x1024

Hai algo máis dun ano que vos explicabamos que son os serious games e vos invitabamos a asistir ao Fun & Serious Game Festival. Mike Zyda define serious game como ‘proba mental, levada a cabo frente a unha computadora dacordo cunhas regras específicas, que usa a diversión como modo de formación gobernamental ou corporativo, con obxectivos no ámbito da educación, da sanidade, da política e da comunicación estratéxica’. Antes de volver a invitarvos ao festival de referencia, repasamos a clasificación dos serious games:

  • Edutaintment games. Xogos educativos.
  • Advergaming. Para a promoción dunha marca.
  • Subergames. De crítica e denuncia contra unha gran empresa, por exemplo.
  • Xogos de simulación. Empréganse, por exemplo, para o adestramento de corpos de seguridade.
  • Newsgames. Xogos xornalísticos.
  • Art games. Fomentan a creatividade artísitica.
  • Games for health. Pensados como terapia psicolóxica ou para a rehabilitación física.

Fun & Serious Game Festival 2014; do 28 de novembro ao 3 de decembro en Bilbao

O festival xorde para premiar os mellores videoxogos tanto na súa vertente de ocio como nos denominados serious games. Trátase do festival de videoxogos máis importante de Europa.

Nesta ocasión, entre outras actividades, celebrarase o Congreso sobre Serious Games e Realidade Virtual, que contará con expertos dalgunhas das empresas máis importantes do sector. Ademais, habilitarase un espazo para que estudos independentes e startups poidan expoñer os seus proxectos ao público.

Outro exemplo de actividade interesante é a mesa redonda que terá lugar o día 2 de decembro no auditorio do Museo Guggenheim: “Do libro ao videoxogo”, na que participarán escritores e xornalistas recoñecidos.

Estaremos atentos aos serious games premiados. Xa é hora de cambiar o concepto clásico de videoxogo pola idea de ferramenta interactiva que nos permite mellorar, por exemplo, en educación e saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.