“As cousas de antes”, do IES Perdouro de Burela, foi o vídeo máis votado no concurso de curtas co móbil da Axenda Dixital de Galicia. Recolle a conversa entre un neno e a súa avoa sobre como era a vida no pasado para facer un traballo para o colexio. A avoa compara a realidade tecnolóxica do ano 2050, no que se ambienta a acción, coa do ano 2014 e con épocas anteriores, para concluír que os avances tecnolóxicos melloran o benestar social.
“Revivamos Galicia”, do IES de Cacheiras do Concello de Teo, foi o segundo vídeo máis votado. O vídeo foi creado por alumnas de 4º da ESO no proxecto educativo Aturuxo Films. A curta amósanos como nos achegamos hoxe á realidade e como nos relacionamos con outras persoas a través das novas tecnoloxías. Estas permítennos ademais chegar a calquera lugar, revivir momentos, dende calquera sitio e no momento que prefiramos.

