Guía práctica | O Centro de seguridade de Google+: os adolescentes

Aviso de Google de que alguén de fóra dos nosos círculos quere participar no hangout

Aviso de Google de que alguén de fóra dos nosos círculos quere participar no hangout

A semana pasada visitabamos por primeira vez o Centro de seguridade de Google+. Hoxe recollemos os consellos que Google da aos adolescentes sobre “como empregar Goolge+ e sobre como navegar pola web social”. Repasaremos cales son as funcións para adolescentes, atenderemos a algunhas suxestións xerais e responderemos algunhas preguntas comúns.

Funcións para adolescentes

As funcións para adolescentes son as mesmas que para os adultos pero hai algunhas claves que debes ter en conta. Cando compartes contido en “público” ou en “círculos ampliados” Google advírteche de que o post poden velo e comentalo persoas ás que non engadiche aos teus círculos.

Unha das ferramentas máis importantes de Google+ son os hangouts. Podes conversar con usuarios que pertenzan aos teus círculos ou con persoas ás que non coñezas; como podes ver na imaxe do principio do post, Google preguntarache neste caso se queres continuar coa conversa.

Por último, na configuración do teu perfil podes editar quen pode enviarche notificacións e quen pode comentar as túas publicacións; por defecto só poden facelo usuarios que engadiras aos teus círculos de contactos.

Suxestións xerais

En primeiro lugar Google recomenda, obvio, “conectar con persoas de confianza”. Ti compartes contido con quen ti queres pero alguén dos teus círculos pode mencionar ou compartir esa actualización con outros usuarios. Ademais tamén nos aconsella “pensar antes de publicar”; é importante pensar con quen compartimos pero tamén que compartimos. Antes de “publicar” pensa se o que vas compartir pode incomodar a alguén ou perxudicar a túa reputación online.

Preguntas comúns

plus_2407397_privacy_report_post3_en

Na sección “preguntas comúns” da Guía para adolescentes, atopamos resposta, en primeiro lugar, a que facer cando vemos algo desagradable, ofensivo ou daniño. Aquí podes descubrir como denunciar un comentario, unha publicación ou un perfil. Ou saber que facer cando vemos un comentario que nos incomoda nunha das nosas publicacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.