Como cambiaron as novas tecnoloxías os hábitos dos turistas?

Estudo_Segittur

Esta semana queremos achegarnos ata a Feira Internacional de Turismo, FITUR, que se celebra entre o 28 de xaneiro e o 1 de febreiro en Madrid. Antes recollemos algunhas das conclusións do estudo “O impacto da innovación e as novas tecnoloxías nos hábitos do novo turista en España”, realizado por SEGITTUR en colaboración con ITH (Instituto Tecnológico Hotelero).

TENDENCIAS

Estudo_Segittur2Antes de coñecer mellor ao viaxeiro internauta, na guía dannos información como en que meses viaxamos máis ou que distancia percorremos de media. Na imaxe da esquerda podemos ver cal é o perfil sociodemográfico do viaxeiro.

Tamén podemos ler que os motivos dos individuos que viaxan son, por esta orde: vacacións de verán, fins de semana, pontes, Semana Santa e celebracións familiares.

Chamounos a atención que existen certas actitudes nas que coincidimos case todos os viaxeiros. Gústanos coñecer lugares dos que oímos falar e informarnos sobre o que imos ver antes de saír de viaxe.

USO DAS TIC

Estudo_Segittur3

Unha das conclusións do estudo é que empregamos internet, sobre todo, para a contratación dun aloxamento. No caso dos hoteis contrátanos online máis dun 50% dos usuarios. Os seus motivos son, por exemplo, ocio (61,6%) e traballo (53,4%). A contratación online de hoteis destaca en todas as franxas de idade menos nos usuarios de entre 65 e 74 anos. Se cambiamos hotel por casa rural, por exemplo, contrátase por internet nun 63,6% dos casos e destacan os compradores de entre 35 e 44 anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.