O dispositivo do mes | As impresoras 3D

fotoEspacioNido

Foto del taller celebrado en Espacio Nido

Que sabedes de impresión 3D? Probastes a imprimir algún obxecto nunha destas impresoras? Dentro dun mes celébrase en Madrid o 3D PrintShow 2015. En Xente Dixital estaremos atentos para contarvos cales son as tendencias para este ano.

O evento está dirixido a deseñadores industriais, enxeñeiros, deseñadores de produtos, empresarios, etc. O primeiro día resérvase a empresas e profesionais do sector e o segundo será accesible para todos os públicos.

Na axenda podedes atopar conferencias para empresas nas que buscarán respostas a como se emprega actualmente a fabricación aditiva en España ou para que se pode utilizar esta tecnoloxía e en que sectores. Como credes que se pode empregar a impresión 3D fóra da industria? Tamén se falará de software, de cales son os programas informáticos adecuados para os equipos físicos. E de artes: como utilizan os artistas de todo o mundo a impresión 3D?

Un exemplo Galego

Hai uns días, no programa A Revista Fin de semana da Televisión de Galicia, achegánbase á sede de Lupeon 3D, proxecto galego que colaboraba nun dos faladoiros sobre impresión 3D da iniciativa Faite Dixit@l, a finais do ano pasado. Que técnicas empregan? Que tipo de clientes imaxinades que teñen? Podedes velo a partir do minuto 12:20 do vídeo.

ArevistaFDS_TVG

Fonte: impresoras3d.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.