Onte Google botou o peche a un dos seus servizos máis antigos, Google Reader. Un dos servizos – se non o máis popular – para consumir novas na web. Atende porque hoxe, en Xente Dixital, explicámosche en que consistía, que alternativas hai e, se descoñecías o tema, como podes consumir novas a partires de agora.
RSS, a alma da cuestión
A tecnoloxía RSS permite subscribirnos a divervas fontes de información para consumir contidos de xornais, blogs, desde un mesmo espazo e de maneira gratuíta.
Ese espazo, por exemplo Google Reader, amosa o contido das webs ás que estabamos subscritos e actualiza os contidos novos desas webs, de maneira que podíamos consultar as novidades de moitas webs sen saír do mesmo espazo. Era, en definitiva, como configurar un xornal ao noso antollo, coas nosas fontes de información, e sen a perda de tempo que suporía ter que visitar cada sitio web un por un.
A subscripción a un sitio web faise premendo no botón do feed (normalmente, unha icona laranxa como a que está aquí ao lado) e engadíndoo ao noso lector de novas predefinido.
Que opcións quedan?
- Feedly. Funciona dun xeito moi semellante a Google Reader (de feito, ata podes importar as túas fontes, se tiñas conta no servizo de Google). Ten versión web e aplicación para teléfonos móbiles e tabletas
- The Old Reader: tan, tan sinxelo e eficaz, que é o que máis se parece a Google Reader. Podes importar os teus feeds, e incluso atopar aos teus amigos se te conectas con facebook e twitter.
- Flipboard: Esta aplicación so existe para teléfonos móbiles e tabletas, pero a súa interfaz gustarache tanto que, ben seguro, non a desinstalarás. Esta aplicación amosa como as revistas dixitais deberían ser.
En calquera caso, as opcións son moi variadas. Coñecías os lectores RSS previamente? Cal foi a túa escolla?
Amplía información
- Tecnoloxía RSS, que é e como funciona
- Síguenos por RSS a través desta ligazón

