O banco de tempo da CeMIT

cemitfisterra

Aula CeMIT de Fisterra. Foto: quepasanacosta.com

A Rede CeMIT vén de poñer en marcha un banco de tempo para incrementar a difusión da súa oferta formativa. Comprometéronse 14 centros da rede que se comprometen a intercambiar horas de actividades e cursos para que os seus usuarios se poidan beneficiar dunha maior oferta de formación.

O único requisito para participar é compartir un número de horas. Despois, cada aula poderá ser beneficiaria das actividades impartidas dende os demais centros. A iniciativa arrancaba en maio cunha actividade sobre creación de tendas en liña con Opencart que se emitiu dende a CeMIT de Sigüeiro-Oroso ás aulas de Ames, Boiro, Carballedo e Celanova.

14 aulas para comezar

As aulas CeMIT que xa confirmaron algunha actividade son: Abegondo, Ames, Boiro, Carballedo, Celanova, Cuntis, A Coruña, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Santa Comba, Vilagarcía e Vigo. Hai varias aulas interesadas pendentes de confirmar datas e actividades.

Na lista de actividades previstas para este ano está: creación de tendas en liña, linguaxe publicitaria, charlas sobre coidados médicos, manexo de follas de cálculo, creación de presentacións, configuración de máquinas virtuais, facturación electrónica, comercio electrónico, redes sociais, Google Apps, contabilidade e xestión con software libre… Actividades que suman 200 horas de formación.

Animádevos a achegarvos á aula CeMIT máis cercana e a preguntar pola actividade que máis vos interese. Sobre que vos gustaría formarvos?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.