Guía práctica | Como aumentar o número de subscritores en Youtube

youtube

Xa vos demos algunhas ideas para gañar seguidores en Facebook, Twitter e Google+. Para algunhas marcas Youtube é unha rede social fundamental. Queredes saber como poñedes gañar subscritores?

  • Coidade os primeiros 15 segundos do vídeo que subides. Neste tempo decidimos se vemos un vídeo ou non.
  • Non máis de 2 minutos. Un vídeo de máis de 2 minutos provoca que se perda boa parte da audiencia en vídeos de presentación da empresa, de novos produtos ou de explicación do funcionamento de produtos.
  • Vídeos de calidade. Se é posible, debemos subir vídeos en alta definición de non menos de 1280×720 píxeles.
  • Declaracións de clientes satisfeitos. Compartir un vídeo deste tipo axuda a aumentar e fidelizar audiencia en Youtube e noutras redes sociais.
  • Vídeos explicativos de fabricación ou de uso de produtos. Non leva tanto tempo gravar e editar un vídeo sinxelo sobre o proceso de fabricación de produto ou dun produto en concreto en funcionamento. É a mellor maneira de tirar proveito desta rede social e de coidar a comunicación da marca na rede. Gañaremos prestixio e seguidores.
  • Coidado cos títulos e as etiquetas. É fundamendal coidar título, descrición e etiquetas para o posicionamento do vídeo e da marca.
  • Usar as listas de reproducción. Cómpre organizar os vídeos subidos en listas de reproducción que van a axudar aos usuarios a navegar pola nosa canle.
  • Contidos para outras redes sociais. E para o blog corporativo ou a web. Temos que aproveitar os contidos subidos a Youtube e compartilos na web e en medios sociais. Se lles gustan os vídeos faranse subscritores da nosa canle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.