O email marketing, imprescindible para vender online

foto infocux technologies

Foto Infocux Technologies

Crear unha tenda en liña é cada vez máis sinxelo. Para conseguir os resultados que queremos necesitamos coidar os produtos que subimos, as descricións de produto e as fotos. A comunicación en medios sociais vainos axudar a chegar a cada vez máis usuarios, a detectar necesidades e oportunidades. A newsletter é unha das ferramentas máis efectivas para manter un volume estable de vendas e fidelizar ao noso público.

Un estudo do comparador buscoelmejor.com revela que 3 de cada 4 empresas consideran o email marketing ferramenta imprescindible para vender en liña. A maioría tamén usa as redes sociais (73%) para chegar aos potenciais clientes. Entre as estratexias máis usadas tamén destacan as feiras sectoriais (49%), a publicidade offline e as campañas de AdWords (40% aproximadamente).

Estudio_Buscoelmejor

Estudo de marketing e ventas e uso do CRM. BUSCOelMEJOR

Estes datos forman parte do estudo “As ferramentas de marketing e ventas e o uso do CRM nas empresas españolas no 2015”.

Cuestión de orzamento

Que orzamento adican as compañías ao marketing online? O orzamento actual da maioría é de menos de 500€ ao mes para estratexias de marketing online. Só un 16% inviste entre 500 e 1.000€, un 14% entre 1.000 e 5.000€ e un 9% entre 10.000 e 5.000€ ao mes.

Para saber canto se pensa investir podemos fixarnos nas previsións de crecemento; o 87% pensa que vai medrar, un 8% que se manterá e só un 1,8% que terá perdas.

É obrigatorio contar cun CRM

Máis alá do orzamento e das estratexias de marketing empregadas, o estudo preguntábase se as empresas españolas usan ou non un CRMcustomer relationship managment; é un modelo de xestión baseado na relación cos clientes–. Chama a atención que un 49% das empresas usan un CRM e un 12,3% pensa adquirilo nos próximos meses. A metade dos que o usan téñeno aloxado na nube e un 33% nun servidor da empresa.

Fonte: PuroMarketing.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.