Despega a industria dos drons en Galicia

civilUAVsinitiative

A principios de xullo anunciábase que máis de 200 empresas amosaran formalmente o seu interese por participar no polo industrial e tecnolóxico de avións non tripulados impulsado pola Xunta. Foi a resposta á convocatoria feita en xuño para que as compañías interesadas en converterse en socio industrial do proxecto ou en participar nos procesos de compra pública, manifestaran o seu interese.

Ademais das empresas galegas e españolas, entre as que amosaron estar interesadas, hai empresas de Estados Unidos, Israel, Alemaña, Suíza ou italia.

A Xunta investirá 45 millóns de euros en impulsar este polo a través da contratación de un ou varios socios industriais e da compra pública de tecnoloxía relacionada con este ámbito.

O Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas vai xogar un papel importante. Pero tamén hai outros actores a ter en conta como a empresa ourensana Aernnova, a viguesa Delta Vigo e as compañías do Consorcio Aeronáutico Galego.

A semana pasada celebrábase a primera xornada de “Civil UAVs Initiative”, que serviu para a toma de contacto entre os candidatos. Participaron máis de 300 representantes de multinacionais como Airbus, Boeing, AgustaWestland, Acciona, Everis, etc.

A iniciativa enmárcase no impulso á reindustrialización de Galicia que marca a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.