Hoxe volvemos falarvos sobre a plataforma de anuncios de Facebook. É moi doado promocionar unha páxina para conseguir máis seguidores ou unha publicación para chamar a atención sobre un contido concreto, pero hai algunhas claves que cómpre ter en conta.
Público
Facebook conta con máis de 1.400 millóns de usuarios. Antes de activar un anuncio paga a pena que escollades ben o público ao que queredes chegar segmentando por lugar, idade ou intereses. Podedes gardar a configuración para usala en futuros anuncios.
Anuncios para todos os dispositivos
Cando configuredes un anuncio pensade ben que texto compartides e, sobre todo, que imaxe escolledes. Xa sabedes que máis da metade dos usuarios nos conectamos a Facebook a través do teléfono móbil. Como se ve un anuncio no portátil ou nos dispositivos móbiles? Facede clic aquí.
Obxectivos
Basicamente promocionar e gañar seguidores para a páxina ou promocionar unha publicación. Aínda que tamén podedes probar alguna das outras opcións. Para promocionar a páxina coidade texto e imaxe e o público ao que vos dirixides. Para que promocionar unha publicación? Para chamar a atención sobre unha oferta ou sobre un novo produto, por exemplo, e chegar a usuarios que non son os vosos seguidores. Usade un texto claro e unha imaxe representativa da publicación.
Os resultados
Tedes que entrar en facebook.com/ads/manager. Aquí podedes ver o gasto que levades feito e o custo por interacción, novos gústames para a páxina ou clics en publicacións promocionadas.



