“Startup”: empresa de recente creación que mira fóra das súas fronteiras

startups

Foto: Startups Mentors

A definición é inventada pero axústase bastante ben á realidade. A maior parte das startups ten a internacionalización como un dos seus obxectivos. Segundo un estudo elaborado pola aceleradora Top Seeds Lab, 7 de cada 10 startups pensan expandirse mirando, sobre todo, a Latinoamérica. O estudo está feito en base a unha enquisa feita ás empresas coas que Top Seeds Lab traballou ata o día de hoxe.

Grazas a este estudo sabemos que a maioría de startups tecnolóxicas ten entre 2 e 3 fundadores, 4 traballadores de media e que fixeron un investimento de entre 100.000 e 200.000€. Unha das principais conclusións é que o equipo profesional é o aspecto máis importante para ter éxito. Unha boa idea en mans dun mal equipo ten menos posibilidades de prosperar que unha idea non tan xenial en mans de profesionais con talento.

O escenario ideal é o dun proxecto con varios socios, roles diferenciados e un liderado claro. Por que fracasan os proxectos? Normalmente, porque non se necesita ese produto no mercado.

As aceleradoras

Que papel xoga unha aceleradora como Galicia Open Future? Xogan un papel importante para conseguir o financiamento inicial (47% dos enquisados), e valóranse moito o servizo de mentoring (33%) e outros servizos como o de ofrecer un espazo de coworking no que estar en contacto con outros profesionais.

Estades pensando en desenvolver un proxecto tecnolóxico? Traballastes nunha aceleradora de proxectos? Contádenos a vosa experiencia e que pasos pensades que deberiamos dar.

Fonte: ticbeat.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.