A aplicación do mes: Galicia Calidade

GaliciaCalidade_app

Queredes saber cales son os produtos Galicia Calidade? Na Google Play ou na Apple Store podedes descargar a aplicación oficial de Galicia Calidade con información actualizada sobre as empresas que contan con produtos amparados polo selo de calidade autonómico da Xunta de Galicia.

Podedes obter información sobre o selo Galicia Calidade e acceder ás fichas de empresa nas que atoparedes toda a información que necesitades:

  • Imaxe e descrición da empresa.
  • Listado de produtos e servizos certificados pola marca de garantía.
  • Teléfono.
  • Páxina web.
  • Redes sociais.
  • Localización e información de como chegar co navegador do teléfono.
  • Tenda en liña.

Por outra banda poderedes enterarvos das últimas novidades de Galicia Calidade: actividades de promoción, novas incorporacións, etc.

Galiciacalidade.gal

Galicia Calidade acaba de estrear páxina web na que consultar toda a información dispoñible sobre as empresas asociadas ou ler as últimas novas do sector. Tamén podemos acceder á tenda en liña na que mercar os produtos co selo Galicia Calidade: conservas, carnes, vexetais, froitas, produtos frescos, viños… Paga a pena a visita.

1 comentario

  1. Pingback: Aplicaciones móviles pensadas para asociaciones, agrupaciones de empresas y SmartCity

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.