Digalego, o teu diccionario de galego en liña

65.000 entradas… que se di pronto. O dicionario de galego en liña Digalego xa está aberto ao público e de balde. Máis de 20 anos de traballo e investigación da editorial Ir Indo – quen fixo posible esta obra – que quedan accesibles a través do enderezo digalego.xunta.gal ou a través do Portal da Lingua Galega.

digalegoA Amtega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poñen a disposición dos cidadáns esta ferramenta, que segue as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, e toma como base léxica o VOLGa.

Ademais da propia función de diccionario en liña, Digalego incorpora as seguintes funcionalidades

  • Conxugación de verbos: xa non tes excusa para non saber como se conxuga o verbo andar. Sabías que en galego é irregular? Esta sección axúdache a saber como son todas as formas dos verbos recollidos no diccionario; tes un diccionario para iso
  • Repertorio de formas incorrectas: esta sección responde á pregunta “está ben esta palabra?”. Recolle voces non admitidas en galego, como poden ser castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc. que remiten á súa forma correcta.
  • Apéndice Gramatical: o Digalego recolle un amplo apéndice gramatical que repasa dende o alfabeto galego ata as preposicións e os seus tipos.
  • Equivalencias: o Digalego serve como ferramenta de difusión internacional, dado que ofrece equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán.

Por certo, nesta entrada deixamos, a propósito, unha falta de ortografía. Animámosvos a que empreguedes o Digalego para que a detectedes e nola deixedes nun comentario… se a atopades! 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.