Fai hoxe 90 anos… transmitíase imaxe en movemento por primeira vez (televisión)

A pequena pantalla debe renderlle tributo, entre outros, a un enxeñeiro británico: John Logie Baird. Xa en 1922 investigou a posibilidade de transmitir imaxes a distancia, e en 1924 conseguiu facer a primeira transmisión dunha imaxe de feito intermitente.

Sen embargo, a primeira demostración pública do seu invento aconteceu en 1926. En Londres, diante dun grupo de científicos, demostrou que a transmisión de imaxes en movemento entre dous puntos distantes era unha realidade. Eran os comezos da televisión e, aínda que de forma rudimentaria e cunha imaxe moi pequena, o rostro da marioneta de Baird era perfectamente recoñecible.

A primeira televisión. Fonte: El Mundo

A primeira demostración pública da televisión. Fonte: El Mundo

A partires dese momento sucédese unha serie de evolucións e melloras que culminan no que se coñece como o primeiro evento radiado por televisión a gran escala: as Olimpíadas de 1936 (Alemaña), que foron as primeiras do mundo en ser emitidas por televisión, desde  Berlín. A potencia da emisión non era moi forte, pero os berlineses (e cidades dos arredores) puideron ver o acto de inauguración e os eventos deportivos posteriores.

Durante os anos que transcorreron na II Guerra Mundial traballouse na televisión en cor.
Na década de 1950 vincúlase por primeira vez o mando a distancia (un obxecto no que xa traballara a comezos de século Nikola Tesla) ao televisor. Os primeiros mandos a distancia foron mecánicos e estaban unidos á televisión mediante cables, pero en 1955 introduciuse o mando sen fíos nos televisores.

Un dos primeiros controis remoto (mando a distancia) na televisión

Un dos primeiros controis remoto (mando a distancia) na televisión

Nos últimos anos as evolucións tecnolóxicas substituíron os tubos catódicos (que facían ás televisión grandes, pesadas e con moito fondo) por pantallas planas, pantallas curvas; mesmo se está a introducir a tecnoloxía 3D nos televisores domésticos. De feito, no CES 2016 foron aparellos con moito éxito.

Moderno televisor curvo de 105 polgadas

Moderno televisor curvo de 105 polgadas. Fonte: Infobae

Actualmente é un trebello dispoñible en case todos os fogares de España. Está presente no 99’9% dos fogares, cunha media de 2,2 equipos en cada un deles. Un número de equipos (e fogares) superior ao frigorífico ou á lavadora.

Hoxe, cando te sentes no sofá a descansar, e, probablemente, vexas a televisión, pensa que cumpre 90 anos. Quen sabe como será dentro doutros 90 anos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.