Da mesma maneira que para medir empregamos os metros para medir a distancia, ou os litros para a capacidade, empregamos os bytes para medir o tamaño dos arquivos (e a capacidade do disco) nos terminais informáticos.
A unidade de base empregada na informática é o Byte (non confundir con bit, un byte é un conxunto de 8 bits) e o seu símbolo é “B”. A partires de aí empregamos múltiplos maiores como unidades de medida
- 1kB (kilobyte) = 1204 bytes, é o que ocupa unha mensaxe de texto en WhatsApp, duns 100 caracteres.
- 1MB (megabyte) = 1024 kB, é o que consumes visitando Xente Dixital (ou outra web, aproximadamente).
- 1GB (gigabyte) = 1024 MB, é a cantidade habitual de datos que nos ofrecen as compañías móbiles mensualmente
- 1TB (terabyte) = 1024 GB, é a cantidade habitual que teñen os discos duros externos máis económicos.
- 1PB (petabyte) = 1024 TB, supón sumar 1024 discos duros coma o do punto anterior
- 1EB (exabyte) = 1024 PB
Xa, pero… como me serven a min estes datos no día a día?
O mellor para facerse unha idea do que significan estas medidas é establecer comparativas sinxelas que nos axuden a entender o espazo que temos en disco ou a cantidade de datos que nos queda no móbil.
Por exemplo con 1MB podes facer unha destas cousas que aparecen no cadro (so unha, non todas)
De feito, aquí tes outra táboa comparativa para que vexas canto renden os datos que tes contratados no teu smartphone, empregando como referencias Skype, Youtube, redes sociais, música a través de internet ou correos electrónicos.
Con esta sinxela táboa podemos facer as nosas propias contas: se temos un teléfono con 16GB de memoria, poderíamos almacenar algo máis de 600 cancións no teléfono (aínda que teríamos que ter en conta o tamaño de cada canción, e o espazo que realmente temos operativo no teléfono).
Agora somos nós os que che preguntamos: chégache o Gb que che dá a túa operadora de telefonía cada mes?
Tes interese en que fagamos fincapé nalgúns conceptos tecnolóxicos en particular? Fáinolo saber deixándonos un comentario!



