A patente do teléfono cumpre hoxe 140 anos. O 7 de marzo de 1876 a Oficina de Patentes concedíalle a Graham Bell, o inventor escocés, a patente sobre este trebello. Foi unha decisión moi controvertida, xa que aínda que Bell levou todo o mérito, é preciso recoñecer a autoría doutro inventor máis neste trebello: Antonio Meucci.
Antonio Meucci ideou un trebello que chamou “teletrófono”, co que conseguiu transmitir unha actuación de ópera a considerable distancia, pero a falta de diñeiro obrigouno a non poder patentar o seu “teléfono”.
Os posteriores litixios non axudaron ao inventor italiano e, finalmente, Bell seguiu adiante co seu trebello, e o resto é historia.
Case século e medio de historia
Durante estes 140 anos o teléfono mudou considerablemente. Probablemente o cambio máis importante dende a súa aparición sucedeu coa aparición da telefonía celular, e que provocou espectaculares avances nos últimos 50 anos.
1973: primeira chamada de teléfono dende un Motorola DynaTAC (por certo, Motorola hoxe xa non existe, mercouna Lenovo… como mudan os tempos!)
1993: Lanzamento do IBM Simon Personal Communicator, que permitía recibir e enviar correos electrónicos. En esencia, foi o primeiro smartphone, aínda que fracasase no mercado.
2007: Lanzamento do primeiro iPhone ao mercado, iniciando a revolución na forma na que vemos e interactuamos cos teléfonos móbiles, de forma táctil e a través de aplicacións multifuncionais.
Incluso nos teléfonos móbiles a evolución nas súas dimensións é, cando menos, curiosa, como se pode ver nesta imaxe


