A rumoroloxía de Internet levaba tempo asegurando que whatsapp quería dar o salto aos ordenadores de sobremesa. E así foi.
WhatsApp vén de lanzar un cliente de escritorio para poder empregar a aplicación de mensaxería no noso ordenador sen ter que empregar un navegador web.
O funcionamento segue a ser o mesmo que a versión WEB, xa que precisas que o teléfono estea conectado (por explicalo de maneira gráfica, o móbil segue a funcionar de “ponte” co teu ordenador).
No entanto, empregar o WhatsApp dende o ordenador pode ser moi cómodo, sobre todo para enviar documentos ou fotografías e vídeos. Para moitas persoas, escribir no ordenador segue a ser máis cómodo que escribir nun teléfono móbil.
Ademais, con esta aplicación actívanse as notificacións de escritorio e os atallos de teclado. Así podes saber quen está “whatsapeando” contigo antes de abrir a aplicación, ou poder copiar e pegar textos cos comandos “ctrl + c” e “ctrl + v”..
Quén pode usar a aplicación?
As persoas usuarias de Windows 8 en adiante e as usuarias de Mac OSX dende a versión 10.9 en adiante. Como whatsapp ten máis de mil millóns de usuarios en todo o mundo… posiblemente sexan moitos os usuarios que poidan instalala.
E ti, anímaste a probala? Pois descarga a aplicación desde aquí.

