Guía práctica | Fai que o teu ordenador con windows funcione un chisco máis rápido

Se tes un Windows que vai moi lento e tes orzamento suficiente como para comprar un disco SSD ou engadir un par de Gb de memoria RAM, problema resolto. Se non é así, podes xogar cos axustes do sistema para aproveitar mellor os recursos dos que dispós.

Dende o apartado gráfico hai algúns elementos que podes mellorar; Windows 10 foi un gran salto estético, pero desactivar algúns dos seus recursos pode ser realmente efectivo. Velaquí algúns consellos:

Desactiva os efectos visuais

efectos visualesSe vas a: Panel de control > Sistema e Seguridade > Sistema > Configuración avanzada del sistema > opcións avanzadas > Rendemento > configuración

Atoparás a opción “efectos visuais”. Se marcas “axustar para o mellor rendemento” verás que o ordenador irá un chisco máis rápido. É posible que luza menos bonito, pero vai máis rápido.

Desactiva Cortana

desactiva cortanaO asistente persoal de Microsoft, que ata conta chistes, pode ser desactivado. Fai clic no cadro de procura da barra de tarefas e no botón en forma de porca á dereita. Aí podes desactivar Cortana

Desactiva os programas que se inician automaticamente

Posiblemente, o truco máis estendido, pero non está demais lembralo. O noso computador ten programas que se abren automaticamente cando se prende. Queres saber cales son? Sigue esta orde: Administrador de tarefas > máis detalles > inicio

Esta ventá amosa todos os programas que se abren automaticamente. Posiblemente moitos deles non os precises, así que desactiva o seu inicio.

Tes algúns trucos máis na guía de Alt1040, a fonte deste artigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.