“The Pilot”, os auriculares que prometen acabar co mito de Babel

Imaxina que empregas uns auriculares que traducen automaticamente á túa lingua o que che están a dicir noutro idioma. É o que pretende o produto de Waverly Labs.

A idea é tan sinxela como revolucionaria: unha persoa fala e outra, co auricular posto na orella, escoita a conversa traducida á súa lingua de xeito automático.

O invento está baseado nunha aplicación móbil que ten que estar funcionando constantemente. Aínda que isto poida parecer un problema, en realidade o teléfono móbil é un trebello que sempre levamos enriba.

A aplicación, que aínda está en fase de testeo, incorporará inicialmente as linguas romances máis empregadas (español, francés, italiano…) e o inglés; aínda que a empresa quere estender o seu produto a outros mercados e incluír linguas asiáticas, africanas e de oriente medio.

thepilot1A parte “visible” do proxecto son os propios auriculares, unha parella, para que cada usuario poida empregar un auricular e a conversa sexa fluída nas dúas direccións.

A mellora, en termos de comunicación, pode ser significativa, xa que no canto de falarlle ao teléfono móbil por quendas, a conversación é totalmente natural.

Aínda non hai datas de entrega, pero probablemente a finais de ano ou comezos de 2017 poidamos ver os auriculares na rúa, cun prezo aproximado aos 180$.

O proxecto anda nestes momentos á procura de financiamento a través de crowdfunding.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.