Guía práctica | Suites de ofimática na nube

Na guía práctica desta semana imos a falar das opcións que temos para tratar as suites de ofimática na nube: Google Docs, Office 365 e mesmo unha alternativa de software libre.

google-docs-banner

Google Docs (antes coñecido como Google Drive)

Ademais do espazo na nube que ofrece, conta cun procesador de texto, folla de cálculo, creador de presentacións, creador de formularios e incluso unha aplicación de debuxo vectorial.

A súa principal vantaxe competitiva é a posibilidade de edición colaborativa entre varios usuarios, de xeito que varias persoas poden estar traballando sobre o mesmo documento en tempo real.

Outra vantaxe é que podes exportar os arquivos no formato propietario de Microsoft Office.

E, o mellor de todo: é gratuíta!

office365banner

Office 365, a aposta de Microsoft

Microsoft aposta pola nube levando a súa coñecida suite de ofimática ao navegador do teu computador. Por suposto, é compatible con todos os seus arquivos, e se empregas as súas aplicacións será moi sinxelo acostumarse á súa interface.

No entanto, o servizo non é de balde. Podes probalo un mes, pero ten un custe de 99 euros ao ano.

Con todo, hai unha maneira de empregar unha versión gratuíta, que é office online. Desta maneira podes empregar versións simplificadas de Microsoft Word, Excel, Powerpoint e OneNote, con varios Gb de almacenamento gratuíto empregando este último servizo.

open365

Open365: Edición ofimática na nube baseada en software libre

Open365 combina tecnoloxías libres amplamente coñecidas como o entorno de escritorio KDE, o almacén de arquivos en cloud Seafile, a suite ofimática Libre Office, a plataforma de videoconferencias Jitsi e, finalmente, Docker como solución de automatización de despregue e distribución.

Polo momento, o acceso a Open365 está restrinxido a acceso beta, pero parece unha alternativa moi interesante!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.