Tecnoloxía do futuro presente | Minibús autónomo Impreso nunha impresora 3D

A filosofía que está detrás deste trebello é o “transporte baixo demanda”, e que poida chamarse dende unha app para que re recolla.

O proxecto “Olli” ten capacidade para 12 persoas e funciona de xeito autónomo con electricidade; non ten condutor pero aspira a revolucionar o mundo do transporte.

Prototipo do autobús autónomo Ollie

Prototipo do autobús autónomo Ollie

A meirande parte dos seus compoñentes poden imprimirse cunha impresora 3D. O obxectivo dos creadores é que se poidan fabricar todas as pezas dun destes microbuses nunhas dez horas, e que se poida montar sen grandes dificultades cunha hora máis.

A velocidade non é moi elevada: 12 quilómetros por hora, e de momento experimentarase en contornas reais neste mesmo verán, aínda que, como é lóxico, non poderá pisar autoestradas nin vías de alta capacidade.

Quen sabe, ao mellor nuns aniños temos aquí os novos medios de transporte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.