Aproveita Google Chrome ao máximo con estas extensións

googlechorme

Google Chrome é un dos navegadores máis utilizados na internet. É rápido, estable e protéxenos de calquera software malicioso que queira entrar no noso computador a través da rede. Instalado sen máis é xa moi potente, pero o navegador de Google, do mesmo xeito que outros, posúe unha característica que poden elevar a súa utilidade moitos puntos: as extensións.

Que son as extensións? Podémolas definir como pequenos programas que instalamos en Google Chrome e que engaden ao navegador características que este, na súa orixe, non ten. Hainas de tódolos os tipos, pero hoxe traémosvos unha pequena selección

Full Page Screen Capture

O seu nome, en inglés, dío todo. Con esta extensión poderemos facer unha captura de imaxe dunha páxina enteira, sen necesidade de estar a baixar a barra de desprazamento.

OneTab

Es dos que abren demasiadas pestanas pero non as mira durante moito tempo? Con OneTab podes reunir un grupo de pestanas nunha soa, facendo espazo para as que necesites nese momento.

The Great Suspender

Google Chrome é un gran navegador, pero se temos moitas pestanas abertas adoita consumir moita memoria. The Great Suspender é moi útil para isto, xa que suspende as pestanas que levan inactivas moito tempo para que non consuman nada do sistema. Cando queremos volver velas tan só temos que ir á pestana e actualizar. Fácil, útil e moi ben pensado.

Session Manager

Unha extensión sinxela pero moi útil. Permíteche gardar unha sesión de navegación ao pechar o navegador. É dicir, se temos cinco pestanas abertas, Session Manager permite gardar esas pestanas cando pechemos o navegador e recuperalas no momento que as necesitemos.

Leoh

Esta última extensión non é útil pero é agradable á vista. Leoh permítenos que cando abramos unha nova pestana, no canto de haber un fondo branco haxa unha foto coa hora actual e información do tempo. Permítenos tamén engadir máis información como ligazóns, un bloc de notas ou as últimas noticias.

Como instalamos estas extensións? Tan so temos que ir á tenda de extensións de Chrome, buscar a extensión que queremos e facer click en instalar. O navegador pediranos unha autorización e ao momento teremos a extensión instalada no noso navegador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.