Despois de falar dos dispositivos, o seguinte é descargar algunhas aplicacións útiles para a volta ao cole. Hoxe interactuamos con móbiles, tablets e, cada vez máis, cos ordenadores, a través das aplicacións. Trátase de facer unha lista de apps acorde ás nosas necesidades e intereses. Aproveitamos o post para presentarvos 4 aplicacións imprescindibles, gratuítas e dispoñibles para Android e ios, para calquera estudante.
Dropbox. Servizo para almacenar e compartir na rede documentos, fotos, vídeos, etc. Como calquera aplicación, podemos acceder á nosa dropbox a través de calquera dispositivo. É a app perfecta para compartir fotos e vídeos de calidade con calquera en calquera parte do mundo; chega con compartir o enlace do arquivo ou carpeta que queiramos.
Google Drive. Podes gardar e, sobre todo, compartir documentos de texto, presentacións, etc. Dous usuarios en distintos sitios poden acceder e incluso editar ao mesmo tempo, un mesmo documento. Aplicación imprescindible para traballar en equipo.
Wunderlist. É a maneira máis sinxela de xestionar e compartir listas de tarefas. Compatible con todos os dispositivos, está pensada para, por exemplo, compartir con amigos, compañeiros de traballo, etc., unha lista de obxectivos dun proxecto en común.
Duolingo. É unha das moitas aplicacións creadas para axudarnos a aprender idiomas. Sinxela, gratuíta e divertida; a modo de videoxogo, supera probas, fases e niveis para aprender cada vez máis. Entre os idiomas dispoñibles están o castelán, o inglés, o alemán, o francés e o portugués.
Son só algunhas das moitas aplicacións ao alcance do voso móbil ou da vosa tablet. O seguinte paso é descargar as que máis vos axuden no tempo de ocio e de traballo.


Para practicar con las operaciones matemáticas básicas :
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.orbitalmotion.kidsmathapp
Saludos,
Gracias! 🙂
Yo destacaría tb Moodle como una de las plataformas educativas más potentes y versátiles de código abierto.
Saludos
Muchas gracias por tus aportaciones Óscar 🙂 Un saludo