
Nos tempos que vivimos é imprescindible dispoñer da mellor conexión a Internet no noso centro de traballo. As nosas comunicacións, envíos e traballos adoitan depender na súa gran maioría da rede, polo que ter unha conexión estable, de alta velocidade e que chegue ao noso centro de traballo é básico.
Se tes unha empresa ou eres un empresario autónomo localizado nunha zona que non chegan as conexións de banda longa isto interésache: a partir de mañá a Xunta coa xestión da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abren as solicitudes para pedir axudas ás instalacións de banda longa en zonas illadas do rural.
Esta axuda pódese pedir a partir de mañá 21 de marzo e con data límite ata o 20 de abril e poden cubrir ata o 100% do custo das tarefas necesarias para a instalación da banda longa no lugar de traballo, sendo o importe mínimo desta instalación 2.000€ e o máximo 20.000€. As subvencións se confinancian ao 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), dentro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
Se estás interesado en solicitar esta axuda, un dos requisitos que debes cumprir é non ter acceso a redes de banda longa de polo menos 30 megas e ter contratado o alta que se instale coa axuda durante polo menos un ano. Pódense consultar todos os requisitos e a maneira de realizar a solicitude na convocatoria do DOG de hoxe luns.

