
Na actualidade case calquera traballo necesita unha conexión a Internet, xa esteas detrás dun mostrador, nunha oficina ou visitando clientes durante todo o día. Se es dos que está pouco na oficina, a miúdo te atoparáscoa necesidade de ter unha conexión mellor que a que o teléfono móbil pode darnos, pero o acto de buscar locais que teñan conexión e que a dean de maneira gratuíta pode ser un proceso longo e tedioso. Para facilitalo temos Café Wifi.
Café Wifi é unha aplicación dispoñible en web, iOS (e proximamente para Android) que nos permite atopar de maneira sinxela os locais que ofrecen conexión Wifi aos seus clientes. Para iso, combina a potencia en mapas de Google Maps e a información que dan os locais a través do servizo web Foursquare para mostrarnos un mapa cos locais próximos que teñen conexión inalámbrica.
Ademais da localización de locais, Café Wifi permite aos seus usuarios achegar datos de maneira colaborativa, é dicir, unha vez que se visita o lugar pódese utilizar a aplicación para encher información adicional do mesmo: a calidade da conexión, como é o ambiente ou se a calidade do servizo e as bebidas valen a pena. Tamén permite subir fotografías do local, para localizalo mellor, e engadir comentarios adicionais se temos algo máis que dicir sobre o local que nos permitiu conectarnos ao seu sinal Wifi.
Café Wifi é totalmente gratuíta e está, por agora, dispoñible unicamente para iOS, aínda que se usamos Android podemos optar por visitalo a través da versión beta da súa páxina web ou unirnos á lista de espera da aplicación, a cal prometeron que sairá máis pronto que tarde.

