
O mundo do entretemento leva tempo poñendo o ollo nos drons e o potencial que estes poden ter á hora de complementar espectáculos. Así vimos montaxes con eles como o concerto de Lady Gaga na Super Bowl ou 100 drons voando ao ritmo dunha orquestra. E como esta industria nunca dorme, xa se atopou un novo uso para estes gadgets voadores: pantallas esféricas.
Directo desde Xapón, esta nova idea de dron é un deseño que busca en converter o aparello voador nunha pantalla esférica capaz de representar calquera tipo de imaxe que cadre coa forma xeométrica.
Este novo concepto de dron consiste nun quadricóptero (un dron con catro motores) encerrado nunha gaiola esférica a cal conta con oito tiras de iluminación LED. Estas tiras estarían conectadas a un motor do dron, o cal sería capaz de facer xirar a gaiola e, coa iluminación adecuada, conseguir o efecto de representación de imaxe nun esfera de luz.
Explicado así, parece algo complexo, pero a verdade é que é tan simple como cando xogabamos con lanternas para facer formas na noite. O vídeo aclara bastante as dúbidas do seu funcionamento:
Segundo NTT, a empresa que está a desenvolver o dron, o proxecto está nunha fase moi avanzada e esperan ter unha versión funcional a finais de 2018. Quen sabe, quizais deica pouco vexamos un dron ensinándonos que podemos tomar nunha terraza ás 10 da noite.

