
Aínda que non nos deamos conta, a tecnoloxía está en todas as partes da nosa vida: o noso lecer, o traballo e por suposto, cando temos certos problemas. O mundo xudicial é un deses lugares nos que a tecnoloxía está moi presente, xa que se ten que lidar co que ocorre nun mundo onde os avances tecnolóxicos ocorren cada día.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica de Galicia (o CPETIG) organiza coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (a Amtega) unha nova edición da Xornada de Informática Xudicial. Nesta ocasión, a cal será a súa sétima edición, o evento virará ao redor da ciberseguridad e á intelixencia artificial.
Esta nova xornada celebrarase o 4 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e levará como nome propio #IUIRSTICGAL17, co que a organización quere situar a Galicia no centro do debate sobre o complementarias que poden ser a informática e xustiza. No evento poderase gozar de diversos paneis con relatores expertos na avogacía, a enxeñería informática, a maxistratura e as forzas do estado, as cales darán na visión profesional de como a intelixencia artificial e a ciberseguridade afectan á súa día a día á hora de aplicar a lei.
Entre os diferentes relatores atoparémonos nomes como Alejandro Sánchez del Campo (regulatory counsel en Telefónica Digital), Ofelia Tejerina (avogada da Asociación de Internautas), Pilar Vila (perita informática en Forensic&Security), Juan Antonio Frago (fiscal do grupo de delitos económicos en A Coruña), Manuel Guerra (analista forense na Sección Técnica de la Unidad Central de Investigación Tecnológica da Policía Nacional) e Eloy Velasco (maxistrado da Sala de Apelación de la Audiencia Nacional).
O programa completo pódese consultar na páxina oficial de #IURISTICAGAL17. Para asistir é necesario inscribirse a través da mesma páxina web, podendo adquirir agora entrada anticipada con desconto incluído.

